Paula Alvarellos confirma que non houbo máis contaxios entre o persoal da Gregorio Sanz

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, informaba esta mañá que a totalidade das probas PCR practicadas ao persoal da Escola Infantil Gregorio Sanz deron negativo, logo de que o conxunto das educadoras do centro (8) se someteran ao test tras detectarse, o pasado venres, o contaxio dunha compañeira. “Dende o Concello queremos destacar a dilixencia das traballadoras á hora de poñer en marcha, coa máxima celeridade, o protocolo que freou a cadea de transmisión do virus, un obxectivo para o que dende as áreas de Persoal e Prevención, tampouco se escatimou en medios materiais”, sinalou a responsable de Recursos Humanos.  A concelleira indicou que as instalacións educativas volverán abrir as súas portas o próximo martes, 6 de outubro, xa que o período de corentena remata o venres 2 e o luns 5 é festivo local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com