Logo de varios días de incerteza, onte mediante unha nota de prensa facía público a nova, Paula Alvarellos será a nova alcaldesa de Lugo, “axustándose aos prazos e a programación previamente comunicada. Respectando a programación previamente comunicada, ao día seguinte no que a anterior rexedora de Lugo”.
Alvarellos recibirá o bastón de mando da cidade nun Pleno Extraordinario que se celebrará o próximo xoves, 18 de xaneiro, e que será convocado este mesmo luns.
A noticia confirma “o referido nestes últimos días polo equipo de Goberno, non só en canto á vontade de difundilo posteriormente ao cese da anterior mandataria local, en tempo e conforme aos prazos establecidos”.
“A decisión – incidiu o Grupo Municipal – “é mostra da cohesión interna que nos une e froito dun proceso de reflexión e diálogo levado a cabo polos concelleiros e concelleiras dende a responsabilidade que implica o desempeño do servizo público, pero tamén dende a xenerosidade e a defensa do ben común. É, por tanto, un nomeamento de consenso, baseado na convicción de que todas e cada unha das persoas que integran o equipo resultan igual de valiosas, polo seu perfil, coñecementos e experiencia, independentemente do lugar que ocupan. Porque todas e cada unha resultan imprescindibles para acadar o obxectivo máis importante que temos: continuar traballando para que Lugo avance nun futuro de progreso, igualdade e prosperidade para todos e todas”.