Paula Vázquez Verao, da candidatura Rede Mareas Lugo, será a número dous de En Marea na provincia de Lugo, tal e como daba a coñecer esta tarde o partido tralo seu proceso de primarias. O número un da candidatura na nosa provincia será o candidado á presidencia da Xunta da formación, Luis Villares.
Villares recibiu o respaldo dos simpatizantes de En Marea como candidato á Xunta, ao obter o voto favorable do 86,8% dos participantes nas primarias do partido, é dicir, uns 8.804 votos.
Segundo deron a coñecer esta tarde membros do partido, o proceso destacou pola súa elevada participación. Depositaron o seu voto máis de 10.000 persoas, o que supón máis do 75% do censo do partido instrumental.
O resto de lista de En Marea na provincia queda do seguinte xeito:
- Luis Villares Naveira
- Paula Vázquez Verao
- Víctor Andrés Álvarez Arias
- María Isabel García Díaz
- José Manuel “Josito” Pérez Afonso
- María Victoria Esteban Riesco
- Bernardo Fraga Galdo
- Natalia Prieto Fernández