O CD Lugo e Paulo Alves chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade para a presente tempada.
Paulo Lorenço Martins Alves (10-12-69, Vila Real, Portugal) posúe unha ampla traxectoria no mundo do fútbol ao máis alto nivel. Como técnico, desenvolveu unha notable traxectoria en Portugal, en clubs como Beira Mar, Varzim, Gil Vicente, ou Moreirense FC, entre outros. Experiencia, método, e amplo coñecemento, supoñen algúns dos garantes da súa proposta. Entre os seus éxitos atópanse dous ascensos á máxima categoría portuguesa con Gil Vicente e Moreirense, e un subcampeonato da Copa da liga de Portugal. O último dos ascensos logrados, sucedido a pasada tempada, conseguíao batendo o récord histórico de puntos e goles a favor da segunda división de Portugal. A súa bagaxe complétase coa súa etapa como seleccionador Sub 20 de Portugal, e a súa traxectoria como xogador profesional, durante a cal defendeu as camisetas de diferentes equipos de primeira liña europea, entre os que se atopan SC Braga, Sporting CP ou West Ham.
Alves chega a Lugo acompañado do seu staff técnico, e incorpórase desde este momento á dinámica de traballo do club.