Peaxe de servizos eléctricos e fallos no servizo

A Federación de Asociacións da Provincia de Lugo, esixe da Consellería de Industria e dos servizos de Consumo da Xunta de Galicia, unha actuación extraordinaria sobre os responsables das Redes de Subministración Eléctrica nas distintas zonas da provincia, incluídas as áreas urbanas, tendo en conta o seguinte:

A factura eléctrica ten a día de hoxe como factor de custo máis importante o termino fixo referido a potencia contratada que se desagrega dentro dos custos regulados e supón leste o epígrafe máis importante baixo a denominación: custo de redes de transporte e distribución (algo que esta fóra de todo lugar dentro da facturación e adoita supoñer máis custo que o verdadeiro consumo eléctrico en kWh). A pesar disto, o servizo de mantemento e atención en caso de avarías é denigrante, xa que habitualmente non teñen persoal propio para atender polo nivel que nos cobran. Tampouco subcontratan servizos no volume requirido ante calquera tipo de eventualidade. É claro que tampouco existe un programa  eficaz de mantemento previo das liñas.

Ante fallos como os de días recentes, non é explicable que unha rede eléctrica montada en anel (para poder cortar o servizo por zonas e facilitar o servizo doutra banda), non haxa persoal propio nin contratado para facelo.

A provincia de Lugo tivo no medio rural una das zonas máis afectadas, como poden ser pobos de Lugo, O Corgo, Lancara, Sarria, Terra Chá, etc. Onde centos de gandeiros víronse ante enormes problemas para muxir o gando da súa explotación e o arrefriado lácteo, o que pode xerarlles perdas millonarias, así como gastos extraordinarios para adquirir grupos electróxenos de emerxencia.

Tampouco podemos entender e iso dános unha idea da irresponsabilidade dos subministradores, que zonas urbanas dun núcleo, estean sen servizo máis de dous días e medio como ocorreu en Lugo na zona da Tinería, onde aínda está por resolver o problema.

O servizo de atención ao cliente, non existe ou non o atenden, xa que en moitos casos os números de teléfono facilitados non están operativos ou non contestan e nalgúns casos pásaslle dun número a outro ata que se perde a chamada.

Ante esta situación e como indicamos ao principio, requirimos publicamente dos servizos da Consellería de Industria en Lugo e dos Servizos de Consumo, se abra aos prexudicados unha oficina ou contacto para presentar as súas reclamacións, á vez que deben de estudar de oficio todas as deficiencias (non pasar polo aro de forza maior), sanciónese ao máis alto nivel aos subministradores eléctricos, requíraselles unha lista do persoal de servizo requirido para atender os problemas, e que indemnicen de forma inmediata a todos os prexudicados, incluído o importe do servizo non facilitado.

Non podemos pasar por alto os altísimos ingresos publicados hai poucos días polas empresas do sector eléctrico que falaban de sumas multi-millonarias, mentres os servizos vemos como están.

AA.VV

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com