A Deputación de Lugo comunicou esta fin de semana o positivo en Coronavirus da deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, tras a realización dunha proba PCR realizada de forma privada.
Este positivo dase tras o anuncio tamén do positivo do Deputado Pablo Rivera Capón, detectado a finais da pasada semana. Con todo a institución provincial continúa cos diversos cribados nos que xa detectou outro positivo no sercizo de Novas Tecnoloxías.
Como consecuencia directa destes casos, a Deputación Provincial xa cancelou todos os actos públicos no Pazo de San Marcos e tamén matén pechadas ao público todas as súas dependencias. Asemade estableceu xa o teletraballo para todos aqueles funcionarios aos que lles sexa posible, ata o 31 de xaneiro.