As Caldas do Miño que abriron hai dous meses tiveron que pechar temporalmente logo de detectarse, nun control rutineiro por parte do Concello, dunha bacteria denominada pseudomonas nos vasos de auga quente das instalacións.
Dende a área Municipal de Medio Ambiente decidiron baleirar as piscinas e comezar un tratamento de choque, así como unha limpeza e desinfección integral.
Maña xoves realizarase unha nova toma de mostras para repetir a analítica e remitir os resultados a “Sanidade para a súa validación e posterior apertura” informaron.