O Concello de Lugo informa de que dende esta mañá quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela activada por vento con refachos de ata 70 quilómetros por hora. O peche dos parques manterase inicialmente ata mañá sábado pola mañá, cando está previsto que remate o fenómeno meteorolóxico no interior da provincia.
Alerta laranxa no litoral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía continúa hoxe alongando a alerta laranxa para o litoral lucense por fortes ventos e choivas, así como a alerta amarela para o interior. Con refachos de vento que poden chegar ata os 100 km/h nalgún punto da costa, e mar combinada do oeste con ondas de 5 a 6 metros e vento do sudoeste con forza 7 e 8 nalgúns casos, a xornada de hoxe volve ser crítica para mariñeiros e pescadores que, un día máis, teñen que evitar a costa. A alerta, manterase, nun principio ata as 12 da noite de mañá sábado. Do mesmo xeito, na zona centro da provincia así como na Montaña, a AEMET advirte de refachos de vento de entre 70 e 85 km/ h