Pechando portas

Diante dun local pechado, dóeme o fracaso que supon para unha persoa, unha familia, investir diñeiro, traballo e ilusión nun negocio que, podendo ser solución de futuro, resulta un  fracaso rotundo.

Hai comercios que pechan porque o titular, cumprida a etapa laboral, da por rematada a vida do negocio. Se as circunstancias fosen outras, a venda ou traspaso do local sería excelente complemento para a xubilación, pero agora mesmo esta posibilidade é difícil.

A maioría dos peches non son por xubilación senón por frustración, porque a iniciativa non é rendible, e a ubicación do negocio non garante resultados, que se pode pechar en Camiño Real ou  Progreso, Rúanova ou Nóreas, se ben hai espazos especialmente afectados.

Hai zonas nas que os comerciantes se agrupan contra as dificultades, e Lugo Monumental é exemplo perfecto de atención á problemática comercial e cidadá no recinto amurallado. Pero o fenómeno dos peches parece irreversible diante do atractivo das grandes superficies, o declive dos comercios de barrio e as inclemencias económicas.

A peonalización acelerada convertirá ao centro nun paraíso para os camiñantes, como outras zonas o son para os ciclistas do futuro, pero o fervor dos lucenses que acoden a mercar en Duquesa de Lugo,  cos carriños da compra ata o coche, e do coche para a casa, queren dicirnos algo.

O centro vai ser un paraíso para o comprador que non vive no centro ata que cargado de paquetes, en tempo desapracible, volva ao seu domicilio. Seguro que hai razóns máis fondas para que peche o pequeno comercio. Seguro que moitos as coñecen. Só falla que alguén as teña en conta á hora de planificar e decidir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com