O Concello de Pedrafita do Cebreiro disporá dunha nova máquina quitaneves que a Deputación axudou a adquirir para este ente municipal, realizando un investimento de 18.000 euros. Trátase dunha colaboración entre ambas administracións para dotar a este municipio da montaña lucense, dunha ferramenta de primeira necesidade para paliar pos efectos que cada inverno deixa a climatoloxía, pois é un dos Concellos máis afectados durante os meses de máis frío, pola acumulación de neve e xeo.
Con esta nova máquina, o Concello poderá acondicionar vías de titularidade municipal e provincial durante os días de maiores nevaradas, complementando, deste xeito ás labores que ofrece de xeito totalmente gratuíto a Deputación a través do dispositivo invernal.