Pedro Blanco di que a obra da intermodal estará rematada neste ano

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, declarou hoxe en Lugo que as obras da estación intermodal que se están a celebrar na contorna da estación do ferrocarril estarán rematadas a finais deste ano”.

Segundo Blanco,”a nova estación de Lugo transformará a mobilidade da cidade e dará resposta ao incremento de viaxeiros pola renovación da liña Lugo-Ourense, que conecta a capital lucense coa alta velocidade”. As obras  inclúen un novo edificio de viaxeiros, a adecuación da zona de plataformas, un paso inferior mixto para uso de viaxeiros e para uso público, unha pasarela peonil e a urbanización da contorna, quedando integrada nunha praza intermodal que conectará as terminais de ferrocarril e autobús.

Na actualidade está a executarse o empurre baixo vías do paso inferior de dobre funcionalidade: acceso á plataforma central e uso como paso peonil de cidade. Esta actuación inclúe os traballos, xa realizados, do apeo das 4 vías da estación, necesarios para levar a cabo o empurre do paso inferior, construído en formigón de forma previa na zona anexa. Mediante este proceso construtivo de apeo e empurre pódense compatibilizar as obras sen interromper o tráfico ferroviario.

O delegado do Goberno subliñou que, “unha vez demolido o antigo edificio de Correos, avanzan a bo ritmo os traballos de construción do novo edificio da Estación, coa execución da estrutura en planta baixa e planta alta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com