O secretario Xeral do PSOE –Pedro Sánchez- comprometeuse este tarde en Lugo a levar ao Congreso a demanda para implantar a Hemodinámica 24 horas no Hospital Universitario Lucus Augusti.
Fíxoo nun acto que tivo lugar na carpa instalada na rúa da Raíña para a campaña ‘Ponte a camiseta’, impulsada polos colectivos que reclaman este servizo no Hula, acompañado polo presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde da cidade, José López Orozco, o secretario provincial do PSOE en Lugo, Juan Carlos Gómez Santín, ademáis de numerosos concelleiros e deputados provinciais socialistas, así como afiliados, simpatizantes e numerosos cidadáns que acudiron ao acto.
Escoitamos a Pedro Sánchez:
Nun acto que os socialistas lucenses enmarcaron dentro da campaña a favor da Hemodinámica 24 horas en Lugo, Pedro Sánchez amosou o seu total apoio ao candidato socialista López Orozco, na súa carreira por volver a ocupar o posto de alcalde que obstenta dende hai dezaseis anos, nas vindeiras municipais do 24 de maio.
Sánchez arremeteu contra as políticas desenvolvidas estes últimos anos polo goberno de Mariano Rajoy e de Alberto Núñez Feijóo, que segundo afirmou “son as políticas dos recortes nos eidos que máis lle importan aos cidadáns, como son a Educación e a Sanidade”.
Asemade destacou o gran labor levado a cabo por Gómez Besteiro no referente á loita para que a provincia estea en igualdade de condicións que o resto da comunidade autónoma en servizos sanitarios.
Pedro Sánchez de novo: