A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos nomearán o vindeiro sábado, 16 de decembro, Chairegos de Honra 2017 a dous “cantores da dignidade” acreditados non só no tempo e disposicíon altruísta, senón tamén pola “sublime cualidade e a especial sensibilidade interpretativa”. Os homenaxeados con este título serán Pepe Quintas Canella e Miro Casabella.
No acto, que dará comezo ás 12.00 horas, actuará Raúl Galego, o gaiteiro Nubeiro, e intervirán os investidos nunha mesa presidida por Alfonso Blanco Torrado e na que tamén estarán Pilocha e Mero Iglesias. Despois haberá un xantar conxunto cun precio de 20 euros. Os apuntamentos poderán realizarse no teléfono 646 41 38 90.