A edil de Cultura confirmou esta mañan o percorrido definitivo da cabalgata, que volverá ser o habitual, partindo ás 18:00 do Parque da Milagrosa e continuando pola avenida da Coruña. A entrada no recinto histórico será pola Porta de San Fernando e continuará percorrendo as rúas San Fernando e San Marcos, para chegar á praza de Santo Domingo e continuar pola rúa da Raíña, antes de rematar diante do Concello aproximadamente ás 19:30, momento no que os Magos de Oriente recibirán a todas as nenas e nenos que entren no Concello.
A Xunta Local de Seguridade conta coa representación de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local, ademais de Garda Civil e Policía Nacional.
O desfile contará cas catro carrozas, as tres dos Reis e a dos agasallos. En total haberá 14 espectáculos que inclúen a partipación de 80 actrices, actores e músicas. Submarinos, caravanas cirquenses, zeppelíns, grandes animais, músicas diversas e moito máis, unha espectacular posta en escena que acompañará ás súas maxestades no seu percorrido pola cidade. Durante o desfile, os paxes reais repartirán 1500 quilos de caramelos entre todas as nenas, nenos e maiores que se acheguen a saudalos.