Perecen tres persoas no incendio da súa vivenda en San Simón da Costa, Vilalba

Os Bombeiros de Vilalba localizaron os corpos sen vida de tres persoas que pereceron no incendio que arrasou por completo a casa na que vivían. Esta mañá, pouco antes das 09:00 horas, o CAE 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertaba dun lume no interior dunha vivenda situada na parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, segundo informa Axega.
Durante algo máis dunha hora, os bombeiros do parque comarcal traballaron na extinción das lapas, que, finalmente, calcinaron por completo o inmoble. O lume provocou danos estruturais importantes e a vivenda acabou por derrubarse. Ante a sospeita de que puidese haber persoas no interior, os xestores do 112 Galicia solicitaron a presenza dos servizos sanitarios de urxencia na zona, pero non foi ata que os efectivos de emerxencias comezaron a retirar os cascallos cando apareceron, primeiro, os cadáveres de dúas persoas maiores e, seguidamente, o corpo sen vida doutra persoa de mediana idade. Parece ser que se trata dun matrimonio octogenario e dun descendente deles. En canto o persoal do CAE 112 Galicia recibiu a alerta do incendio, se puxo en marcha un operativo no que, ademais dos bombeiros e dos técnicos de Urxencias Médicas, participaron os axentes da Garda Civil e, recentemente, foron informados os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com