Perigo! velutinas en contedores

Xa nos chamaran á redacción avisando de que detectaran  velutinas nalgúns contedores de vidro do concello, e onte puidémolo comprobar e mesmo fotografar.

Dende Xornal de Lugo pedimos  que se tomen as maiores precaucións cando calquera persoa  vaia depositar no contedor verde botellas para a súa reciclaxe, xa que si se introduce moito a man ou non se fai rápido e no contedor hai  velutinas, estas saen de dentro do contedor e se  non se anda listo poden atacalo.

O que debería facer o concello e solicitarlle á empresa concesionaria dos contedores que colocaran nos ocos por onde se introducen as botellas un sistema cunha goma ou plástico que ao presionar deixara introducir as botellas e logo pechara, deste xeito as velutinas ou calquera outra especie non poderían entrar.

Asemade tanto a Xunta de Galicia como os concellos deben avisar á cidadanía para que tomen precaucións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com