Permanece detido o parricida de Monterroso á espera de pasar a disposición xudicial

O home de 51 anos que asasinou a golpes ao seu pai de 79, continúa detido na comandancia da Garda Civil á espera de pasar a disposición dos Xulgados de Chantada entre esta tarde e mañá.

Na parroquia onde vivía co seu pai, falecido e un fillo de catro anos, o veciños contan que o presunto asasino tiña problemas co alcol e, nalgunha ocasión, ten amosado armas no bar da localidade, polo que xa tivera problemas coa xustiza. Algún veciño, segundo afirman os medios de comunicación, tiña recibido queixas por parte do septuaxenario en relación coa conduta agresiva do fillo.

Os investigadores indagan se o presunto autor dos feitos puidera ter problemas co alcol ou trastornos da personalidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com