A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, xunto á enxeñeira municipal, Marta Carballal, mantiveron este luns, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, un encontro cos industriais da Praza de Abastos e do Mercado Municipal para “darlles a coñecer as tarefas de peatonalización e humanización que acometerá o Goberno na rúa Quiroga Ballesteros, dende Bolaño Rivadeneira ata a Praza de Santo Domingo. Trátase dunhas tarefas que se licitarán de inmediato, cun orzamento de 1,1 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses”.
As obras engloblan, por unha banda, “a reurbanización da rúa, que pasará a ser de uso preferente para peóns”. Para elo demolerase a totalidade da pavimentación existente, e unificarase nunha sola cota todo o pavimento, eliminando así toda barreira arquitectónica, Tamén se proxectan zonas de descanso, nas que se ubicará mobiliario urbano de cor negro e gris (bancos e papeleiras), o que permitirá un goce máis relaxado da cidade, potenciando o caracter vivo do espazo público ao longo do día.
A rúa terá paso ocasional de vehículos residentes e de urxencias e labores de carga e descarga na franxa horaria autorizada. Este pouco tráfico discorrerá próximo á fachada norte da rúa de xeito que non supoña unha interferencia no funcionamento peonil do vial.
Paralelamente, con esta peonalización e humanización, o Goberno “equilibra a mobilidade, a sostibilidade e a socialización, e faino ademais nunha parte central, importante e emblemática da cidade, a zona de compras diarias, co obxecto de dinamizala”. Para esta liña de animar a zona, o Goberno ten en conta o estudo “Walk this Way, da institución Brooking en Washington DC, que arroxa que os lugares urbanos peatonalizados teñen unha economía moito máis activa que os non peonís”.