Piden levar á Fiscalía o abandono de cachorros nun contedor

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber plantexaron esta maña que o Concello de Lugo remita todas as súas investigacións á Fiscalía sobre o abandono de seis cachorros, rescatados con vida dun contedor na Área Recreativa de Doel, no que supón o enésimo caso de maltrato animal que ten lugar no municipio nos últimos meses.

Os animalistas xa mostraron a súa preocupación por anteriores sucesos e nesta ocasión urxen ao Concello a tomar medidas máis drásticas, como pode ser o traslado das dilixencias ao fiscal especializado de Medio Ambiente na provincia lucense, ao entender que pode ser constitutivo dun delito de abandono animal, que inclúe pena de multa de ata 6 meses e a inhabilitación especial por un máximo dun ano “para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e para a tenencia de animais”.

De forma paralela ao traslado do expediente, os defensores dos animais poñen sobre a mesa outra ferramenta xurídica, a personación do propio Concello de Lugo como ‘acusación popular’ en este e outros casos de maltrato que sucederan na localidade e estean baixo un procedemento nos Xulgados.

As ONG consideran que este xesto evidenciaría un compromiso claro do goberno local como política de “tolerancia cero” co maltrato e abandono de animais, con contextos que en Lugo foron de extrema gravidade, como o recente achado de dous cans mortos nunha vivenda.

Tamén existiría a vía administrativa, xa que la Ley de Bienestar Animal de Galicia considera o abandono como una infracción de carácter grave, con sancións de ata 5.000€ e inhabilitacións similares ao Código Penal por un máximo de cinco años, aínda que a dificultade para identificar aos autores deste covarde acto converte aos responsables en persoas practicamente impunes.

Neste sentido FFW y LIBERA! creen que el goberno local tamén pode incentivar un mellor trato cara os animais e unha cultura de empatía polos mesmos a través de actuacións educativas e de sensibilización que, unha vez postas en marcha contribúen a reducir o número de casos xa que a cidadanía denuncia de forma máis habitual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com