Piñeiro resposta aos populares: O desbloqueo das obras da Fábrica da Luz depende do Ministerio de Medio Ambiente

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, lembrou este mércores que o desbloqueo das obras de recuperación da Fábrica da Luz non depende do Concello, senón de que o Ministerio de Medio Ambiente emita un informe que determine se legaliza o dique que a adxudicataria levantou no río ou o manda retirar. Polo tanto, o atraso dos traballos e o incumprimento de prazos, de producirse, “estaría motivado pola lentitude en resolver da Confederación Hidrográfica do Miño Sil e do Ministerio, e, por descontado, non cabería a esixencia de ningunha indemnización ao Concello”. Esta foi a resposta que o concelleiro ofreceu, ás declaracións efectuadas hoxe polos populares sobre a situación dos traballos da Fábrica da Luz.

Piñeiro acusou ao grupo municipal popular de ser “O partido das falsas alarmas, que cada semana vaticina incumprimentos, indemnizacións… tratando de enganar á cidadanía coa manipulación como arma e sen ningún argumento sostible. Iso si, propostas e defensa dos intereses dos lucenses, cero”, e reclamou do Partido Popular que esixira “como fixemos dende o Goberno, que a Xunta acometa obras de conservación no antigo Hospital Xeral, dado o grave estado de deterioro no que se atopan as instalacións, algo que puidemos ver esta mesma mañá durante a visita da comisión de traballo para a revitalización do barrio da Residencia, na que está presente o PP. De feito, só puidemos acceder ao Materno, porque no resto do complexo xa nin se pode entrar”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com