“A nosa prioridade é a vida dos galegos”. Así o asegurou hoxe a candidata de Cs á Presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Pino, tras visitar a cidade de Lugo acompañada do vicepresidente da Comunidade de Castela e León, Francisco Igea.
A candidata da formación laranxa puxo como exemplo a xestión de Igea na comunidade veciña durante a pandemia. “A súa xestión foi un claro exemplo de cómo hai que facer as cousas”. Pino amosou ademáis a súa preocupación polo momento que estamos vivindo e insistiu en que o prioritario é, a día de hoxe, a vida dos galegos. “Non é momento de facer electoralismo, non podemos perder nin unha sola vida”.
Pola súa banda, o vicepresidente da Comunidade de Castela e León, Francisco Igea, destacou a figura da candidata á Presidencia da Xunta de Galicia e asegurou que o cambio en Galicia é “posible e necesario” con Cs dentro da Xunta.
Xul 07, 2020 - 01:09 PM
“A nosa prioridade é a vida dos galegos” ¡ Biennnnnn ! Caray, qué originales, nunca había visto en una formación política semejante declaración de intenciones para ganarse al electorado.