Pintadas contra a Alcaldesa no Concello de Trabada polas contratacións

En Trabada apareceron pintadas as paredes da  casa consistorial por mor  da política de contratacións que está a levar a cabo a Alcaldesa Mayra García ás que a oposición  cualifica de “feito inédito” e engaden “hai que dicir que é fácil apreciar entre os veciños de Trabada que existe un crecente malestar pola política de contratación de persoal que leva a cabo o goberno municipal, algo que nós criticamos con insistencia”.

Fernández Vázquez o líder da oposición sinala: “Como digo, o primeiro de todo é expresar o noso rexeitamento a esta maneira de protestar; non é admisible que se fagan pintadas nos edificios e menos aínda nun edificio institucional como é a casa consistorial”.

Os populares entenden que “a política de persoal do Concello non é transparente. Cando un goberno non actúa con transparencia, e moito máis en áreas tan sensibles como é a de contratación, ao final a xente  entende que se actúa caciquilmente”.

Como pouco transparente, Fernández Vázquez alude á maneira de cubrir postos de brigadistas ou para o Punto de Atención a Infancia, froito este último dun convenio entre o Concello e a Deputación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com