Pistoletazo de saída da XV Edición da Semana de Teatro Clásico de Lugo ca representación esta tarde da peza “Ojos de agua”

Hoxe comeza a XV Edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, coa obra teatral “Ojos de agua” interpretado por Charo López, na que da vida á Celestina, e que terá lugar ás oito e media da tarde no Auditorio Gustavo Freire.
Unha das novidades deste ano é o sistema de venda de entrada, xa que se poderán mercar a través da web entradaslugo.es, ou no propio Auditorio.
Tamén este ano como novidade, mesturarase ó teatro e a gastronomía, xa que once restaurantes da cidade crearán unha tapa especial para cada unha das obras teatrais, que se poderán degustar entre o 22 de xaneiro e o 28 de febreiro.
Escoitamos á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com