Debido ás necesidades de espazo que precisa a Feira de Olería, programada dentro das actividades do San Froilán, do 3 ao 6 de outubro aplicarase un novo Plan de Tráfico que afectará á circulación en varias vías do Centro Histórico.
Deste xeito, os residentes no fondo da Praza de Santo Domingo, e as rúas Armanyá e Músico Gustavo Freire, así como os vehículos autorizados e de carga e descarga, efectuarán o acceso e saída á Praza de Santo Domingo a través da propia Rúa Armanyá.
Pola súa banda, a zona de estacionamento fronte ao Mercado estará reservada dende o 3 de outubro, ás 7:00 horas, ata o 7 de outubro, ás 16:00 horas, para as necesidades de ambos os dous eventos. Polo que non se poderá estacionar durante este tempo.
Toda a sinalización necesaria será instalada con antelación.
Post Views: 0