PLATAFORMA COORDINADORA DE TRABALLADORES DE AUXILIARES DE ALCOA

Valoración sobre o comunicado de parado de cubas:

Dende a plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos amosar a nosa profunda preocupación por este novo anuncio de paro de cubas, que parece amosar que botamos a andar cara o desmantelamento da factoría.

O anuncio de parada de cubas, cando chegan o fin do ciclo de vida útil, parece unha mostra de desinterese de voltar a poñelas en funcionamento en canto o mercado mundial se reactive, de haber interese de voltar a arrancalas estas cubas seguirían o proceso de desbrascaxe e realización do mantemento ordinario para o seu arranque inmediato en canto o mercado o “permita”.

Alcoa debe ser clara ante cales son as intencións e cal é o plan de futuro da factoría.

Esta medida de paro de cubas afecta directamente, e unicamente DE MOMENTO, ao redor de 50 traballadores de empresas auxiliares que agora mesmo ven perigar o seu posto de traballo.

Cando esta plataforma botou a andar diciamos que o noso principal medo e que a mínima que chegase un golpe mal dado os primeiros en ver cortado o seu pescozo seríamos nós, os traballadores das auxiliares.

Pois ben, por desgraza non fai falta seguir argumentando esa posición, e a historia absolveunos. De novo o eslavón máis feble da cadea volveu rachar.

Por isto solicitamos a Dirección de Alcoa e a dirección das EMPRESAS AUXILIARES INVOLUCRADAS un compromiso social coa comarca, que ningún traballador vexa eliminado o seu posto de traballo e sexan recolocados noutras actividades dentro da factoría. Ou, como mínimo, o compromiso en que ningún traballador verá reducida a súa capacidade adquisitiva.

Esta comarca arrimou o hombro, e segue arrimando, solicitando unha tarifa eléctrica estabel e competitiva para o futuro de Alcoa, pois é o momento de ver agora o compromiso de Alcoa coa comarca e cos seus veciños.

Tamén solicitamos que o comité de Alcoa e as distintas seccións sindicais fagan súas as nosas reivindicacións ao igual que esta plataforma e os seus representados fixemos nosas as súas reivindicacións cando as creimos xustas.

Por último, pero non menos importante, mandar a nosa forza e total apoio aos traballadores afectados e os delegados sindicais de ditas empresas. Estamos a vivir unha situación social que nos ten as mans bastante atadas, máis isto pasará e estaremos aí como sempre estivemos e con a única intención que nos ocupa: DEFENDER OS POSTOS DE TRABALLO DOS NOSOS COMPAÑEIROS.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com