A Plataforma Lugo non Perdas o Tren, ven de emitir un comunicado onde di que ”empézase a ver os resultados a das nosas demandas de hai uns meses cos representantes de Renfe en Galicia, tanto no incremento de enlaces de trens con conexión a Madrid vía Ourense, como as demandadas as paradas en distintas estaciones de la provincia de Lugo, así: Celtigos, Sarria, Lugo, Rábade, Baamonde, Parga e Guitiriz volverán a ter paradas nas súas estacións.
A Plataforma asegura que” imos continuar incrementado as nosas demandas de servizos e horarios, de forma especial os enlaces con León, Barcelona e País Vasco, xa que os consideramos vitais, tanto no referente a trens hotel como a outros servizos de liña xeneralista.
Tamén van manter as nosas demandas para que os servizos europeos de transporte ferroviario dende A Coruña, Ferrol e a Costa de Lugo, se contemplen como tales.
O comunicado remata dicindo “non imos esquecer as nosas recentes demandas no referente ao Tren Métrico o FEVE pola Mariña”.