Plataformas con reformas

Ben, pois parece que algo se aclara logo da asemblea cidadá de onte, aínda que tampouco creades que tanto.
Vexamos: Unha parte de Gañemos está xa fora desta plataforma, pero quedan algunhas persoas que se presumía estaban cos que marcharon, e dicir Esquerda Unida, como so os casos de Zita Mendez e Carlos Dafonte.

Compromiso por Galicia e persoas independentes deciden sumarse, pero que hai de Podemos? Pois Podemos segue inmersa nun debate, semella que demasiado longo para o pouco tempo que falta para as eleccións.

E qué facer? Pois toca agardar, porque para que a plataforma teña posibilidades de éxito, a concorrencia de Podemos é vital. Así que non queda outra. E preguntarédesvos que vai facer Esquerda Unida. Pois todo apunta a que pode haber unha nova candidatura ao Concello de Lugo.

Se isto é así, eu creo que o Sr. Castiñeira nunca lles agradecerá o suficiente o que están a facer por el. A todos eh! A todos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com