Plena Inclusión chama a unirse ao colectivo feminista o 8M

Na véspera do 8M, mulleres con diversidade funcional intelectual ou do desarrollo de Fademga Plena Inclusión chaman a unirse ao colectivo feminista nas súas reivindicacións por unha sociedade que remate coa discriminación que sufre a metade da poboación.

Durante esta semana, Plena Inclusión lanzou unha campaña en redes sociais na que, a través de vídeos e mensaxes de varias mulleres con diversidade funcional intelectual ou do desarrollo, defenden o seu dereito a reivindicar a igualdade de xénero e a súa visibilidade como activistas.

Este colectivo sufre en maior medida as situacións de discriminación e desigualdade que denuncia o feminismo: situación laboral precaria e salarios máis baixos, menos oportunidade de formarse e acceder a postos relevantes, maior posibilidade de sufrir agresións e abusos e menor poder para denuncialos, maior dificultade para gozar libremente da súa sexualidade, afectividade e maternidade así como un largo etcétera de barreiras e obstáculos para que a igualdade efectiva sexa unha realidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com