O Pleno aproba a supresión do posto da Directora Xeral de Recursos Humanos

Xornada de pleno hoxe no Concello de Lugo na que se aprobou, pese aos 11 votos en contra do PSOE e de Lugonovo, a supresión do posto da Dirección Xeral de Recursos Humanos. A moción foi levada a pleno polo grupo popular quen alegaba un gasto para o Concello de ao redor duns 73 mil euros anuais neste posto, que, ademáis, non foi sacado a concurso público, senón que se lle adxudicou a Letrada Asesora, quen tiña que ser cesada do seu cargo, por sentenza xudicial, en maio de 2016, tan só un mes antes da creación deste posto que agora ocupa. A oposición encargouse de lembrarlle a Lara Méndez esta situación que levou tanto a propia directora como á rexedora lucense a ter que presentarse ante os tribunais no vindeiro mes de marzo.

O concelleiro socialista encargado da área de persoal, Daniel Piñeiro, culpou da premura na creación deste posto aos recortes en materia de persoal “que o PP estipulou dende o goberno central” e advertiulles a todos os grupos que, “segundo o secretario de Pleno, esta proposta aprobada, non será vinculante se se aproban finalmente os orzamentos”.

Pero como todo ten resposta, o voceiro popular, liderando esta moción, considerou que o Concello “non ten respeto polos asuntos aprobados en Pleno”. E asegurou que, aínda que o goberno non quera dar explicacións, en pleno, da creación deste “posto a medida”, daránas “en sede xudicial”. 

Outra proposta levada a pleno e aprobada, a dos nacionalistas que pediron a creación dun centro BTT na cidade que sirva para incentivar no concello a práctica de deporte con bicicletas todo terreo. A proposta foi aprobada por unanimidade. 

Tamén por unanimidade o Pleno aprobou a proposta de Lugonovo de mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde de San Roque.

Menos sorte, tiveron os populares ante a moción de manter a prisión permanente revisable no Código Penal. Na que todos os partidos, agás o PP, votaron en contra. O vicevoceiro da agrupación, Enrique Rozas, lamenta a posición tomada polo resto de formacións, en especial o voto de Cidadáns e do PSOE. 

“Os socialistas, en función da adminitración na que se atopen votan en diferente dirección. O ex presidente do Goberno Rodríguez Zapatero e a ex vicepresidenta Fernández de la Vega votaron a favor no Consello de Estado. Os socialistas de Lugo votaron hoxe en contra da prisión permanente revisable, mentres que os seus compañeiros socialistas do Concello de Cáceres se abstiveron, o que demostra a falta de criterio entre os socialistas, nun tema de crucial importancia para garantir a seguridade, así como os dereitos e liberdades de todos os españois. Semellante rumbo tomaron en Ciudadanos, que non teñen claro a postura a seguir, xa que optaron pola abstención, o que demostra que non saben se apoiar a permanencia desta pena ou votar a súa derogación”, denunciou Rozas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com