O Pleno insta á Lara Méndez a comprar os locais da Tinería

Xornada de Pleno no Concello de Lugo, na que o BNG-AA presentou de urxencia unha moción para instar ao goberno socialista a levar a cabo a adquisición dos locais da Tinería. O Partido Popular afirma que a votación da proposición relativa ao futuro dos locais da Tinería é un claro exemplo “da soidade e do goberno en minoría no que está inmerso o
goberno socialista de Lugo”.

Antonio Ameijide explicou así que ao aprobar esta iniciativa, na que os populares introduciron unha emenda encamiñada á adquirir os 9 locais comerciais deste barrio, supón un novo varapau para á alcaldesa. “O
pleno obriga a modificar o criterio da alcaldesa que rectifica a súa última proposta” resumía Ameijide.

Durante a súa intervención o voceiro popular Antonio Ameijide acusou a Lara Méndez de actuar como unha “veleta” con ata catro cambios de idea en menos de unha semana con respecto ao futuro deste barrio.

A emenda do PP consistiu en incorporar dous puntos á proposta nacionalista nos que se solicita, en primeiro lugar, que o pleno acorde adquirir os 9 locais da Tinería e, en segundo lugar, ínstase á Xunta a que o diñeiro que se recade nesta venda dos baixos se destine integramente á compra de edificios no barrio da tinería para a súa posterior rehabilitación.

Antonio Ameijide indicou que “estaríamos falando de mercar entre 5 e 10 inmobles máis co conseguinte compromiso dun investimento millonario da Xunta para rehabilitalos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com