Este venres ás 20:00 horas esta convocado polo Alcalde Presidente do Concello de Becerreá pleno municipal coa seguinte orde do día:
Parte Resolutiva.
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior extraordinaria de 7 de setembro de 2023.
2.- Proposición da Alcaldía relativa á reiteración da solicitude á Deputación Provincial de Lugo do desprazamento do equipo de rego e a pá de cadeas do parque móbil provincial ao Concello de Becerreá. 3.- Proposición da alcaldía relativa á solicitude á Deputación Provincial de Lugo do remate da estrada (LU P 0705).
4.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude de remate e posta en funcionamento do centro de día e residencial comarcal en Becerreá e prórroga do Convenio interadministrativo.
5.-Proposición da Alcaldía relativa á solicitude a Augas de Galicia da execución do proxecto de construción de rede de saneamento e sistema de depuración en Becerreá.
6.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude de acondicionamento da estrada de Sarria.
7.- Proposicións non incluídas na orde do día.
Parte dedicada ao control.
8.- Mocións presentadas polos grupos.
8.1.- Moción presentada polo Grupo Municipal Popular en relación á mellora da accesibilidade urbana.
8.2.- Moción presentada polo Grupo Municipal Popular relativa á construción dunha estación
de lavado e reparación de bicicletas.
9.- Asuntos de urxencia.
10.-Dar conta das resolucións da alcaldía.
11.-Rogos.
12.-Preguntas.