O Pleno provincial aproba os orzamentos para o 2018

O Pleno provincial, celebrado esta mañá, aprobou, entre outras cousas, o proxecto económico de 83,7 millóns de euros, presentado polo equipo de goberno de Darío Campos para o 2018, co apoio do BNG e a abstención do PP.

A propia voceira popular, Elena Candia, entregou ao presidente do executivo o pasado venres 15 propostas para incluir nos orzamentos, “imprescindibles” para que o seu grupo votara a favor dos mesmos, propostas que o equipo socialista, en vistas dos populares, “non tivo en conta”. Candia destacou o mes de retraso co que os socialistas levaron os presupostos a Pleno, e non pasou sen lembrarlle a Darío Campos que goberna “en minoría e con dificultades”. 

“A institución non é unha chequeira para os municipios, senón que ten que ter un proxecto de provincia e cubrir os aspectos individuais que os Concellos non son capaces de poñer en marcha por si sós”.”, afirmou a popular  anunciando a súa abstención, e engadiu: “no PP tiñamos un plan de Provincia e temos un plan de Provincia; temos a obriga de pedir máis e o que pretendemos é que se cumpran os acordos plenarios e o que decidimos os 25 deputados para seguir avanzando”.

Pola súa banda, o equipo de goberno, representado neste debate pola Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, asegurou que se o grupo socialista non tivo en conta as propostas dos populares foi porque “todas elas facían referencia a áreas de competencia autonómica”. García Bermúdez cuestionou para donde van “destinados os cartos da Xunta?” e suxeriulles aos populares que “reenvíen eses 5 folios, esas propostas ao presidente da Xunta”.

O voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, asegurou que “estes orzamentos non cumpren a filosofía nacionalista, para o BNG as desputacións son anacrónicas” pero afirmou que votaba a favor do proxecto de contas para o 2018 porque  “non vamos a deixar a deputación sen orzamentos”.

Saíndo do descurso pro ou contra os orzamentos o voceiro nacionalista quixo aclarar tamén que “este é un voto favorable aos orzamentos, este voto favorable prodúcese hoxe e remata hoxe, non hai acordos nin gobernos alternativos, pero seguiremos facendo oposición, seguiremos velando porque a execución sexa o máis xusta posible”.

Ao rematar o debate, o presidente do executivo, Darío Campos, quixo tamén decir unhas palabras chamando á “responsabilidade política” de todos os deputados provinciais para aprobar uns presupostos nos que “reducimos gastos correntes e aumentamos os investimentos”.

Campos Conde resaltou a falta de inversión da Xunta na provincia de Lugo e a “escasa responsabilidade política do PP”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com