Podemos Lugo insta ao concello á asumir con responsabilidade as súas competencias

Ximena Cheda, portavoz da agrupación de Podemos Lugo e cabeza de lista de Podemos Galicia por Lugo ás eleccións autonómicas, reclama ao Concello de Lugo que “asuma as súas competencias no referente as dotacións para que a Protectora de Animais e Prantas desenrole a súa actividade en condicións axeitadas”.

En 2019 presentouse un proxecto de remodelación integral das actuais instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo. Dito proxecto non se puido levar a cabo debido a que as condicións que impoñía a Confederación Hidrográfica implicaban partir en dous as instalacións e deixar 5 metros de paso a ambas marxes dunha corrente de auga. Estas condicións facían imposible a tramitación de dito proxecto, xa que as instalacións quedarían sen espazo e inservibles. Posteriormente, no 2023, “presentouse por parte do Concell

Dito proxecto a día de hoxe non ten fondos asignados nos orzamentos municipais do presente ano para a súa execución, sóamente existe unha partida para a redacción do proxecto”. Isto supón “outro ano de espera mínimo para que se poida levar a licitación das obras, no suposto de que se licite o ano que ven e se asignen finalmente fondos para elo”. Por outra banda, segundo o propio Concello, a obra ten un prazo de execución de 18 meses. Traducido en tempo, e sendo optimistas, en menos de tres anos non haberá novas instalacións para a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo, que alberga a día de hoxe a máis de douscentos animais en condicións inasumibles de benestar animal”, que sóamente se ven paliadas polo enorme traballo dos voluntarios, os socios e traballadores.

Ximena Cheda sinala que “a Xunta debería ser quen de protexer ós animais, pero foi desviando as súas competencias aos Concellos, que non teñen a capacidade económica necesaria para a súa xestión e, en moitos casos, nin a vontade política de asumila, como ben se deduce da actuación do Concello de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com