Podemos celebrará hoxe en Monforte de Lemos unha asemblea destinada a poñer en marcha o seu círculo territorial na localidade, na que se informará sobre as accións a realizar para reactivar a actividade política do partido no municipio.
A reunión celebrarase ás 20.15 na cafetería JR (Rúa Roberto Baamando, 125), e contará coa asistencia de Isabel Faraldo, secretaria de Círculos e co-voceira do Consello de Coordinación de Podemos Galicia; Borja San Ramón, adxunto á Secretaría Xeral, e José Manuel Pérez Afonso, secretario local de Podemos en Lugo e secretario de Formación e Área Interna da Executiva galega de Podemos.
Os círculos son agrupacións voluntarias e abertas de persoas que converxen a partir do seu interese polo cambio social e político, e se sustentan no funcionamento democrático e na participación. Poseen independencia organizativa e calquera persoa pode poñelos en marcha, sen que faga falta estar inscrita ou ser membro de Podemos.