A Casa da Cultura de Sarria será o escenario e Xela Arias a indiscutible protagonista. No día do que sería o seu cumpreanos e no ano no que as Letras Galegas conmemorana como unha das poetas lucenses máis relevantes dos últimos tempos.
A partir de hoxe ás 17.30 horas, Eloi Caldeiro presentará en formato unplugged tres poemas de Xela Arias na Casa da Cultura, dos dez que serán musicados polo artista nun disco recompilatorio na honra da escritora. Todo isto no marco da inauguración, nas mesmas instalacións dunha mostra na que se recolle un gran recoñecemento a Xela Arias como mestra, poeta e editora sarriá.
No acto de inauguración, participará o alcalde da localidade Claudio Garrido, a edil titular da área de Cultura de Sarria, Reyes Abella que fará a presentación oficial da mostra e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, entre outras autoridades. Asemade, familiares da artista tamén participarán desta iniciativa dicindo unhas palabras.