Este sábado, ingresaron na Residencia de Pol os primeiros 13 maiores da provincia que neste centro público que Deputación e Concello construíron no seu municipio. Ao longo do día de hoxe, os usuarios seleccionados irán entrando ao centro de maiores coa que quedará formalizada a súa entrada. Son 13 seleccionados que teñen, de media, uns 83 anos e pagan 900 euros pola atención que reciben na residencia. So total, 7 son veciños de Pol que arestora non desfrutan de ningunha atención, outros 3 tamén de Pol pero que están noutras residencias ou vivendas comunitarias privadas e volven ao seu municipio, así como 1 de Baleira e 1 de Castro de Rei que están en residencias privadas en Lugo e 1 veciña de Castro de Rei que non ten praza. Este centro ofrece 36 prazas de residencia e 15 prazas no centro de día, e as persoas que o desexen poden solicitar a súa praza nas dependencias municipais.
As dependencias gozan dunha excelente situación, pois atópanse a carón do centro sociocultural da vila e doutros establecementos. A residencia con centro de día de Pol conta cunha superficie de 1.676 metros cadrados, con 24 habitacións dobres, que permitirán ofrecer un total de 50 prazas.
Ao igual que no resto de residencias con centros de día públicas que constrúe a institución provincial, os usuarios dispoñen doutras dotacións, como salas de estar, de lectura ou de televisión, todas elas de uso común, así como de servizos de lavandería, cociña, enfermería e primeiros auxilios, o que asegura a prestación de amplos servizos de calidade para os usuarios tanto da residencia como do centro de día.
Xuñ 01, 2019 - 08:44 PM
Xa era hora.