A Policía busca en Lugo o autor dunha violación e unha agresión sexual en Augas Férreas

A Policía Nacional busca en Lugo a un presunto violador que tería actuado nos últimos mess na zona de Augas Férreas. O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirma que os axentes investigan dúas denuncias, unha dunha violación consumada e outra dunha agresión sexual a senllas rapazas residentes no mesmo edificio de Augas Férreas.

Con todo, Carballo non quixo dar máis datos “porque non queremos que estes datos poidan reventar a investigación da Policía”. A este respecto, o subdelegado confirma que dispoñen de “pistas” que agardan que poidan dar os resultados esperados e “poñer a persoa ou persoas a disposición da xustiza”.

Desde a subdelegación do Goberno queren ademais enviar “unha mensaxe de tranquilidade” á cidadanía para evitar a alarma social, “aínda que somos conscientes de que estes feitos en si mesmos crean moita alarma social”. Neste sentido, Ramón Carballo fai un chamamento para que os os cidadáns poñan en disposición da Policía calquera dato ou indicio que poidan ter sobre esta cuestión.

Ademais, Carballo pide ter “certas medidas de precaución a certas horas da noite”, especialmente nas entradas dos garaxes e edificios.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com