A Policía abre a porta a que o violador de Augas Férreas puidera ter cambiado de aspecto físico intencionadamente para non ser recoñecido. Así o sinalaba esta mañá o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, que apuntaba todas as liñas de investigación seguen abertas e que se están recollendo novas declaracións de persoas que aportan outros “perfís distintos”. “A policía traballa cun perfil morfolóxico e fisionómico e puido cambiar o perfil intencionadamente”, apuntou.
Ademais, Carballo non descarta que o home puidera ser unha persoa que non reside en Lugo e que se desprazou a cidade para acometer as agresións. “Esa é unha das posibilidades, a Policía non pechou ningunha das liñas”, aclarou.
Neste sentido, o subdelegado do Goberno quixo enviar un mensaxe de calma e subliñou que o dispositivo para dar co violador “segue sendo amplo e abundante” aínda que a xente non poida percibir o traballoda Policía.