A Policía investiga o vídeo duns rapaces pelexándose no centro de Lugo

A Policía Nacional está a investigar o vídeo difundido nas últimas semanas polas redes sociais nas que dous mozos menores de idade pelexan nas proximidades da Muralla alentados por varias ducias de rapaces tamén menores de idade. Os axentes tratan de coñecer así a identidade dos mozos para poñer os feitos en coñecemento da Fiscalía de menores.

Esta mañá referíase a esta cuestión a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen apuntaba que o Concello non é organismo competente para investigar estes sucesos. Con todo, Méndez aclarou que o Goberno local ten despregado un dispositivo especial para velar pola seguridade no centro da cidade e o adarve da Muralla. A rexedora sinalou ademais que o incidente será tratado na Xunta local de seguridade.

“É un tema preocupante e sempre que hai algún tipo de indicio intentamos tratalo de forma paliativa. Co cal é un tema que se tratará para, dunha maneira disuasoria, evitar que non volvamos ter outro altercado na cidade”, concluíu Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com