A Policía Local de Lugo detivo esta madrugada a un rapaz de 24 anos como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha moza de 20 anos

Axentes do Grupo Nocturno da Policía Local de Lugo, procederon, na madrugada de onte, á detención dun mozo de 24 anos, veciño de Lugo, como presunto autor dun delito de agresión sexual e lesións na persoa dunha moza de 20 anos de idade.

Os feitos ocurriron cando a moza, que se atopaba fronte ao Círculo das Artes, foi agarrada polo agresor fortemente polos brazos, empuxándoa ata o calexón de acceso á Praciña do Colexio, onde intentou besala na boca, forcexeando con ela.

Segundo indica a Policía Local nun comunicado, parece ser que o rapaz chegou a darlle a volta e aplastala co seu corpo contra a parede, tentando violala. Neses intres, tres mulleres achegáronse ata o calexón chamando á atención ao agresor, conseguindo que este abandonara o lugar.

Os axentes, unha vez coñecida a descrición física do agresor, realizaron unha batida pola zona, localizándoo na porta dun local nocturno da rúa Casas Novoa, onde foi detido. Así mesmo, a moza foi trasladada polos axentes ao PAC de Fingoi para a adecuada atención médica mentras que o mozo foi conducido a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias oportunas para o Xulgado de Garda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com