A Policía Local multou cunha sanción económica de 1.000 euros e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir a un conductor que se accidentou a primeira hora desta mañá na avenida Ramón Ferreiro, fronte ao número 14 no que, segundo se desprende das primeiras investigacións, o condutor dun turismo que circulaba pola citada avenida, cara a Praza do Rei, perde o control do vehículo, desprazándose cara a dereita, chocando contra un colector de residuos e contra outro turismo estacionado, resultando ambos os dous con danos. Como consecuencia do impacto, o colector de residuos foi desprazado, impactando contra o caixeiro automático dunha entidade bancaria ubicada no lugar, sufrindo danos.
O condutor do automóbil arroxou resultado positivo nas probas de alcolemia levadas a cabo, motivo polo cal, ademais do atestado polo accidente de circulación, confeccionouse o correspondente boletín de denuncia.