A Policía Local de Lugo parou esta madrugada a unha muller que circulaba co seu coche de forma zigzagueante pola rúa do Teatro sobre as 4 da mañá. Ante esta situación, os axentes fixéronlle as probas de alcolemia que arroxaron un resultado positivo.
A muller, unha veciña de Lugo de 36 anos, deu un resultado superior a 0,60 miligramos de alcol por litro de sangue co que os axentes realizaron as dilixecias xudiciais oportunas para facerlle un xuízo rápido.
Falecido en Vilalba
Noutra orde de cousas, a Axencia Galega de Emerxencias, informou fai escasos minutos d o falecemento dun varón en Vilalba tras ser golpeado por un árbol.
Os feitos ocorreron pouco antes das 12 do mediodía cando Urxencias Médicas avisaba ao persoal do 112 de que o helicóptero medicalizado con base en Ourense desprazaríase hasta Mourence, ao lugar do Coto, para atender a unha persoa que quedara atrapada baixo unha árbore.
Tras recibir o aviso do persoal sanitario, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requeriu a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil e de Protección Civil.