Ata o momento xa son 17 os casos activos por coronavirus na Unidade do Maior do hospital Polusa; así o confirmaron dende o propio hospital que mantén aislados aos afectados pero que debido a limitación de espazo están estudando a posibilidade de trasladalos a outra unidade de hospitalización.
O xerente do hospital sinalou que a maioría dos infectados son asintomáticos e que só uns poucos presentan febre.