Pónse en marcha a proposta de aprobación da ordenanza municipal reguladora dos hortos urbanos

Está mañá, o edil e voceiro do Concello de Lugo,  Miguel Férnandez, comunicou nunha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello, a proposta da ordenanza municipal de Hortos urbanos, pero aclarou que aínda tiña que aprobarse no Pleno. Miguel explicou que se trata da instalación de hortos urbanos no Parque dos Paxariños, a instalación contará con 33 arcelas, 3.00o m2 e zonas comúns.

“Son uns hortos con función de autoconsumo, para contribuír a favorcer os hábitos saudables, centrados na produción ecolóxica. A actuación engloba a 3.000 m 2 , dos que se empregarían para cultivo 1.085 m 2 , cunha zona de entrada, con espazo para aparcadoiro de vehículos e unha caseta de madeira, de acordo co entorno, para apeiros e material. Estará formado por 33 hortos, con pantallas vexetais para separalos e diferencialos dos viais. Ademais, terá fontes de rega, adaptadas ao entorno, e mesas e bancos de uso público”, concreta o voceiro.

 

A ordenanza municipal de Hortos inclúe o regulamento e as condicións que rexerán a utilización destes hortos. Entre as condicións está non empregar ningún produto químico de síntese, ni utilizar materais que non sexan respetuosos co entorno.

Miguel Fernández aclarou que os hortos se adxudicaran a as persoas interesadas que estén empadroadas no municipio, ademáis deben ser maiores de idade, non posuír outras parcelas agrícolas e non ser dono doutros terreos de natureza rústica no Concello. “Poderase permitir o acceso e uso dos hortos urbanos a outras persoas a través da sinatura de convenios específicos de colaboración con entidades de carácter social ou educacional sen ánimo de lucro”.

As persoas concesionairas dos hortos destinarán os terreos ao cultivo e plantación de especies vexetais e terán prohibido adicar o seu cultivo para fins comerciais, así como instalar barbacoas, queimar restos de cultivo, ou ceder o uso a terceiras persoas. Por último, Miguel advirte que ” o incumprimento dalgunha destas condicións provocará multas de entre 60 a 30.000 euros, ou incluso a revogación da autorización de uso”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com