Por primeira vez en semanas baixa o número de positivos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

801 é o número de casos activos por coronavirus dos que informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización. A pesar de que hai que lamentar unha subida importante no número de infectados na residencia Domus Vi de Outeiro de Rei, tamén hai unha gran parte de altas ou persoas curadas, polo que no computo total hai 15 positivos menos que onte.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.230, 13 menos que onte;  deles 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas, rexistrándose 663 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 369.998.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com