Por segunda vez Lugo non ten novos contaxiados por Coronavirus

Nas últimas 24 horas Lugo e a súa provincia non tiveron ningún novo caso de Coronavirus, polo que se manten a cifra de onte, 563 personas contaxaidas polo andazo.

A nivel de Galicia os datos, segundo a Consellería de Sanidade da Xunta, na última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a 5.435, deles 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 208 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 32.146.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com