A Asociación de Veciños Porta de Lugo” respondía hoxe aos veciños do Barrio da Estación que, nos últimos días, estase a queixar dunha poda de árbores realizada, presuntamente polo Concello. En concreto, trátase das árbores situadas nos laterias da baixada da ponte cara a rotonda do Sagrado Corazón e Adolfo Suárez.
A Asociación asegura que vén solicitando a poda destas árbores todos os anos, aínda que, segundo denuncian “neste momento estivo atrasada durante uns oito anos por problemas burocráticos”. “As podas realizadas con anterioridade, leváronse a cabo en datas similares e ao mesmo nivel”, explica o colectivo.
As árbores coa altura actual eran “e son” de alto risco tanto polo tamaño, critican os veciños, como por estar asentados sobre noiros de falso firme. “Un perifo tanto para persoas como para vehículos e situados nunha zona con ventos fortes dominantes do Oeste en momentos de temporais ou tormentas”, aseguran.
Con todo, a asociación explica que “non entende” que as árbores da avenida Adolfo Suarez “que dificultan a visión de sinais de tráfico da zona e cuxas ramas molestan mesmo aos viandantes das beirarrúas”, molesten a veciños da Estación.
“Cortáronse os accesos pola rúa Rio Mosa, porque era necesario garantir o transito seguro de persoas e vehículos, pero A Chanca ten outros accesos que estiveron garantidos e as ramas eran de consideración polo tempo sen podar”, explican dende a asociación. Neste momento, din, quedan pendentes de poda as árbores da marxe dereita en sentido
saída da cidade “por problemas burocráticos” que están en fase de solución.