Portomeñe absolto da querela interposta por López Orozco

O ex-concelleiro de Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, ven de ser absolto polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo da querela por inxurias e calumnias que lle impuxera o ex-alcalde de Lugo, José López Orozco. A sentenza sinala como feitos probados que as declaracións de Portomeñe, recollidas nos medios de comunicación, non son constitutivas de delito, sinalando textualmente: “Os feitos non son constitutivos de delito de calumnia nin inxurias”.

A Agrupación local de Esquerda Unida Lugo  nun comunicado di que “celebra a sentenza que declara a libre absolución do noso compañeiro Carlos Portomeñe e agradecen o apoio amosado ao seu compañeiro por colectivos sociais e persoas particulares”.

EU Lugo declara que “non cesará na súa loita por un novo Plan Xeral elaborado de xeito democrático e adaptado á realidade do municipio, que sexa respetuoso co medio rural e natural, centrado na conservación do patrimonio natural e histórico e pensado para a calidade de vida da veciñanza, e non para o negocio de determinados intereses privados. Un urbanismo no que aberracións como as torres do Garañón nunca terían lugar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com