Portomeñe di que o Goberno Municipal está a valorar a externalización da RPT do Concello

Para o grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida resulta inxustificable que dende o goberno local se plantexe sequera a posibilidade de volver a recorrer a unha empresa privada para levar a cabo a imprescindible actualización da Relación de Postos de Traballo, que leva case unha década trabando o funcionamento dos servizos municipais por non adecuarse ás necesidades reais de persoal; pouco máis de tres meses despois de que tomase posesión do cargo a nova directora xeral de recursos humanos, “posto creado precisamente coa tarefa prioritaria de axilizar a nova RPT para tela lista antes do remate de 2016”.

Ademais, engade Portomeñe o prazo que se apunta que tardaría en elaborar a empresa contratada a RPT sería de tres a seis meses dende a súa contratación, asumindo que sería só un borrador que iniciaría o proceso para a obtención da RPT definitiva, “cando se prometeu que estaría rematada en 2016. Foi o propio concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, o que se comprometeu o pasado mes de abril ante a Xunta de Persoal a ter lista a adecuación da RPT en seis meses”,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com