A posibilidade dunha moción de censura a Lara Méndez, cada vez máis lonxe

A posibilidade da moción de censura no Concello de Lugo, cada día vese máis complicada. Se xa non se vía moi sinxela cando a oposición comezou coas negociacións, pois nin a dereita nin a esquerda municipais terían os 13 apoios necesarios para levala a cabo; hoxe en día, e a medio mes de que os orzamentos presentados polo equipo de Lara Méndez se aproben automáticamente, podería estar a desvaerse.

A única posibilidade que habería sería a unión das forzas de esquerda apoiadas polo PP, ou das forzas da dereita (PP e Cidadáns) apoiadas por 2 edís máis. Nos primeiros  días, nos que se barallaba toda posibilidade, o nome que soaba como proposta para liderar un goberno alternativo era o voceiro do BNG, Rubén Arroxo; algo que Cidadáns, ao principio estaba disposto a apoiar, pero máis tarde se botou para atrás.

En canto ás forzas de esquerda, Lugonovo xa se tiña pronunciado e a súa resposta era moi clara: non apoiarían ningún goberno alternativo que fóse liderado ou secundado por algún grupo da dereita, o que lle restaba a Arroxo moitas posibilidades xa que, esta agrupación conta con 3 edís, e eran case imprescindibles, xunto co apoio do PP, para que o nacionalista puidera seguir adiante coa súa “candidatura”.

Por outro lado, estaba ACE-EU, que cun só edil, Carlos Portomeñe, non deran a súa opinión ao respecto, aínda que moitos medios de comunicación apuntaban que podería apoiar ao BNG. O certo é que onte o voceiro de Esquerda Unida desmarcábase desta opción é o único que aseguraba é que, entre negociacións e xuntanzas da oposición, Lara Méndez estaba a piques de aprobar “un presuposto pantasma”. Portomeñe botou a culpa a “aritmética” dos grupos da oposición, un concepto que máis de unha vez usou a rexedora Lara Méndez para xustificar precisamente a posibilidade dunha moción.

Esta mañá, o voceiro dos populares, Antonio Ameijide lamentou que non se chegara a un acordo e arremeteu contra a esquerda municipal asegurando que, ao fin e ao cabo, están a apoiar, dunha forma diferente, os presupostos.  “Rubén Arroxo demostrou que o BNG sigue sendo o títere do partido socialista, intentou enganar durante semanas aos lucenses dicindo que tiña un proxecto e que quería sacar adiante unha moción, pero vemos que non quería realmente sacala adiante. A alcaldesa teñen uns títeres necesarios que onte quitaron a careta”.

Ameijide cualificou de “hipócrita” a actitude dos grupos da esquerda que “demostran que Lugo siga igual, que siga paralizado”.

Pola súa banda, Lara Méndez asegurou que a posibilidade dunha moción “sigue aí e seguirá ata o final do mandato” e reiterou que ante a elección entre o seu cargo e a cidade, ela elixe Lugo, e “traballar para sacar adiante uns orzamentos necesarios”.

Se non se leva a cabo esta moción de censura, o día 28 de xaneiro quedarían inicialmente aprobados os orzamentos cun período de quince días de exposición pública tralos que, de non haber ningunha alegación, quedarían aprobados definitivamente no mes de febreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com